Friday 03 de May de 2024

Xa se pode solicitar cita para pasar a ITV para vehículos agrícolas na unidade móbil que visitará Neda


A veciñanza de Neda que teña en propiedade tractores ou outro tipo de maquinaria agrícola, de obras ou servizos poderán pasar a Inspección Técnica destes vehículos na localidade a finais do mes de marzo. O día 27 do próximo mes, de 9 a 13.30 horas, a unidade móbil 11 da ITV instalarase no aparcadoiro disuasorio do Roxal.

Segundo apuntan dende Supervisión y Control (SYC Applus+), concesionaria do servizo, as persoas interesadas en realizar no municipio a revisión dos seus vehículos xa poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 902309000 ou a través da web www.sycitv.com.

As ITV móbiles para vehículos agrícolas permiten mellorar a seguridade viaria e protexer o medio ambiente, brindando aos propietarios/as a posibilidade de pasar a revisión no propio municipio, sen ter que facer desprazamentos máis longos.